Sunday 28 de April de 2024

O Pavillón da Mocidade acollerá os días 9 e 10 de setembro a “II Feira de antigüidades, coleccionismo e vintage”


O Concello acollerá a vindeira fin de semana, os días 9 e 10 de setembro, a segunda edición da “Feira de antigüidades, coleccionismo e vintage” organizada polo Concello de Narón en colaboración coa Asociación Cultural Ferrol Vello. Así o anunciou a concelleira de Feiras, Mar Gómez, que indicou que o evento, con acceso de balde, celebrarase no pavillón da Mocidade, na Gándara. O horario de apertura da feira será de 10.00 a 14.30 e dende as 16.30 ata as 21.00 horas en ambas xornadas.

Máis dunha trintena de expositores daranse cita nesta convocatoria, chegados de diferentes concellos galegos e tamén doutras comunidades como Asturias, País Vasco, Castela León e mesmo de Portugal. Os vendedores ofrecerán milleiros de obxectos singulares, algúns deles únicos, pensados tanto para afeccionados como para coleccionistas de antigüidades. Porcelana, selos, discos de vinilo, arte sacra, publicacións, cadros, mobiliario e obxectos de decoración rural forman parte dos artículos que se podrán contemplar e adquirir nesta feira.

A edil responsable da área animou á cidadanía a achegarse a esta nova edición, “que complementa á primeira que organizamos neste mesmo espazo e que resultou todo un éxito, cunha gran acollida por parte do público e moi boas vendas para os anticuarios e anticuarias, tal e como nos trasladaron no seu día”.